199,00€
Pandeireta de 9 pares en madeira de nogueira e ferreñas tradicionais douradas.Coiro impreso. A ilustración non sufre desgaste cun uso moderado. Hai factores que poden afectarlle coma o uso de productos cosméticos (esmaltes de unllas, cremas...), aneis, sudoración das mans... e sobre todo un uso moi intensivo.Héctor Francesch - A Coruña, 1977Artista e deseñador. Cun traballo de marcado carácter gráfico e unha linguaxe directa, aborda temas como a memoria, a pertenza e a identidade, dende unha perspectiva popular.Entende a práctica artística como algo cercano ao espectador. Ten desenvolto proxectos en diferentes disciplinas: pintura, ilustración, serigrafía e instalación.A súa obra foi exposta en diferentes galerías e institucións en ciudades como A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Madrid, Barcelona; e internacionalmente en Lisboa, Berlin, Nova York ou Adelaide en Australia.Destacan exposicións en espazos como o Centre d´art Contemporani Piramidón e a Galería Hartmann de Barcelona tamén na sala Palexco en A Coruña. A nivel colectivo na galería Fernando Pradilla ou a Galería Trama de Madrid ou no Museo de Arte Contemporáneo MAC Naturgy e no Arts Santa Mónica de Barcelona entre outros. Ademáis ten participado en feiras como Swab Barcelona, Foro Sur Cáceres, Justmad, Art Madrid o Artelisboa. Tamén formou parte de diferentes certames como el 8º Premio Auditorio de Galicia, IX MostraInternacional Unión Fenosa. Foi artista residente no Museo de Arte Contemporáneo MAC Naturgy de A Coruña e seleccionado no Encontro de Artistas Novos en Arxentina - Cidade da Cultura. Ao mesmo tempo imparte obradoiros de serigrafía no Master sobre a Obra Gráfica da Fundación CIEC e no Museo de Belas Artes de A Coruña.@hectorfrancesch · www.hectorfrancesch.com